top of page

Ultranoite

Desde 1993 milito no palco das Ultranoites, o mítico cabaret promovido pola compañía Chévere desde a desparecida Sala Nasa.

 

Boa parte do meu traballo como monologuista tivo orixe en experimentos escénicos desaforados no cabaret mais gamberro da galaxia galaica, un espectáculo que continúa a encher salas, prazas e auditorios coa súa revista implacábel da actualidade.

 

Vinte anos de números, letras e performance que paga a pena rever nos arquivos da Rede Nasa, ou no libro DVD "Máis alá da ultranoite. Crónica canalla do cambio de milenio".

Aquí vos deixo a aparición do Apóstolo Santiago nunha das ultranoites máis emocionantes de sempre, tras o peche da histórica Sala Nasa e o triunfo de Conde Roa nas eleccións municipais de 2011, todo un punto de inflexión na vida cultural e política de Santiago de Compostela.

  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page