top of page

Pan

Volta e Dálle


No remate do verán, os veciños e veciñas das aldeas galegas xuntábanse, para separar o grao da palla, na eira comunitaria. Era o labor e ao tempo a festa, era a malla.

 

Este é o punto de partida de Pan, catro proposta arredor da malla. Componse de catro historias fiadas a través da danza e da música ao vivo. Volta e Dálle continúa así a súa teima de facer teatro desde a raíz e, desta volta, inclúe a base etnográfica, a malla, que serve de pretexto para abordar un tema universal: as mutacións sociais e culturais que conleva a desaparición da economía tradicional agraria. Mais o resultado non é unha recreación folclórica e nostálxica de

tempos idos, senón un espectáculo novidoso e orixinal composto por catro autores diferentes que fían, respectivamente, os catro pasos da malla.

 

A sementeira (Nazaret López)
En Manle, unha aldea próxima a Capital e illada por autoestradas, autovías e ferrocarrís, comezan as obras de construción do túnel do novo tren de alta velocidade.

A sega (Carlos Santiago)
A madama do cabaret autonómico ten unha língua coma un fouciño, disposta a segar alí onde sexa preciso, mediante unha combinación de humor e ironía que dá lugar a esa actitude nacional chamada retranca.

A malla (Lucho Penabade)
Na Seara non quedan máis animais ca os de plástico que constrúe o rapaz. Os tres vellos que viven alí bótanlle unha man para entreter o tempo. Un día reciben a visita sorpresa dunha rapaza da cidade.

O pan (X. H. Rivadulla Corcón)
O alimento máis universal é o pretexto poético para falar dos males do individuo na sociedade actual: a soidade, a perda dos valores da colectividade, a incomunicación...

Ficha artística

Texto e Dirección : Nazaret López, Carlos Santiago, Lucho Penabade, X.H. Rivadulla Corcón I Interpretación : Comba Campoy, María Lado, Pepe Penabade, Alfonso Romeo e Luís Iglesia I Axudante de dirección : Sherezade Bardají I Coreografía : Branca Novoneyra I Desenho de luz : Octavio Mas I Música ao vivo: Mini e Mero I Espazo sonoro : Xabier Olite e Xurxo Piñeiro I Escenografía : Pepe Penabade e Pepe Guitián I Vestiario : Sherezade Bardají e María Chenut I Produción : Eliana Matins I Fotografia : Xan Muras

  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page