top of page

Monólogos Finlandeses

Concibido como unha escolma de distintas personaxes nacidas no palco das Ultranoites da Sala Nasa, como Froilán, Futuro Rei da Galiza ou o sempre furibundo Apóstolo Santiago, 'Monólogos Finlandeses' é un espectáculo de stand up no que o seu autor e intérprete filtra a actualidade máis raivosa a través do prisma da ironía, a incorrección política e a reducción ao absurdo.

 

Estreado na Praza da Pedreira, durante a Feira de Humor de Pontevedra, en Agosto de 2003, o espectáculo rodou por diferentes vilas galegas, participando tamén na vixésima edición da Mostra de Teatro de Cangas.

Ficha artística

Texto, dirección e interpretación: Carlos Santiago I

  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page