top of page

Monólogos

Santiago DC 1999-2015
Santiago DC 2015

Traballo o xénero do monólogo desde hai case vinte anos e sempre desde un punto de vista abertamente político e satírico, en expresión directa do meu estado de pensamento. Non comparto moito a expresión de "humor intelixente", pois o humor, mesmo nas súas realizacións mais procaces, precisa da intelixencia para ser efectivo. Pero non escondo que o meu humor non aspira a ser fácil. O meu estilo non ambiciona grandes públicos, senón mais ben espectadores atentos e cómplices, dispostos a disfrutar das miñas acrobacias verbais, pois en todas as miñas creacións, a palabra é a gran protagonista.

É por iso que mesturo a prosa coa poesía, e a argumentación filosófica cos chistes máis infames, sempre ao servizo dunha sátira escarnecida da realidade. Síntome debedor, sobre todo, de figuras do stand up americano como Lenny Bruce, Eric Bogossian ou George Carlin, pero tamén de monologuistas como Miguel Gila ou Raúl Solnado, e, como non, da grande tradición galaico-portuguesa do escarnio e o maldizer.

 

Se estas breves notas encaixan nas vosas expectativas, é con todo o pracer que vos ofrezo estes meus monólogos.

Águeda 2013
Santiago DC 2010
Viseu 2008
Lugo 2006
Santiago DC 2004
Pontevedra 2003
Santiago DC 1993-2015
  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page