CARLOSSANTIAGO
O Apóstolo Santiago
Nado nas míticas Ultranoites da Sala Nasa, e unha das creacións máis perversas do autor, o Apóstolo Santiago, ser sobrenatural de extrema dereita, patrón e vixía da Unidade de Destino no Universal e conselleiro persoal de Manuel Fraga Iribarne, leva case dúas décadas a percorrer Galiza cando a ocasión o require, evanxelizando os galegos con rigor e severidade en sermóns inzados de ironía e mala baba. Fillo do trebón, a súa cólera contra tirios e troianos é lendaria.
Monólogos escritos e interpretados ao fío da máis rabiosa actualidade, especialmente indicados para eventos politicamente incorrectos e todo tipo de espazos escénicos.
Ficha artística
Texto, dirección e interpretación: Carlos Santiago I Produción : Ana Triñanes I
O Apóstolo Santiago na Prensa
Ultranoite no País dos Soviets. Teatro Crítico Universal. 1/9/2015
O Apóstolo revela na Ultranoite de Teo que foi el quen denunciou a Conde Roa. Praza. 16/4/2012
La Nasa conjura sus fantasmas. El País. 19/8/2011
Chévere celebra a Ultranoite máis mordaz dos últimos anos. El Mundo 18/8/2011
O personaxe do Apóstolo Santiago vai dar paso a monólogos mais dadaístas. La Voz de Galicia. 14/10/2010
< Podes ver outros videos do Apóstolo Santiago na Rede Nasa, ou se prefires a letra impresa, ler as Cartas Apostólicas no blog do autor