
CARLOSSANTIAGO

As Cinzas de Pasolini

Monólogo poético dedicado en corpo e alma a un dos meus mitos persoais: Pier Paolo Pasolini. Un poema en verso libre e retranqueiro onde se confabulan a sátira coa lírica e o sexo coa política para alumear o momento presente en toda a súa estupidez, baixo o facho portentoso do escritor, cineasta e poeta italiano, definido pola prensa do seu tempo como herexe, sacrílego, blasfemo, homosexual, dexenerado e ladrón.
Poema en constante mutación, As Cinzas de Pasolini é un espectáculo orientado a salas de teatro e pequenos espazos escénicos e conta con versións en galego e en portugués.
“Contra todo isto non debedes facer outra cousa, penso eu, senón continuar simplemente a ser vós mesmos: o que significa ser continuamente irrecoñecíbeis. Esquecer inmediatamente os grandes éxitos: e continuar impertérritos, obstinados, eternamente contrariados a pretender, a querer, a identificarvos co diverso: a escandalizar, a blasfemar.”
Pier Paolo Pasolini. Mensaxe aos Radicais.
Ficha artística
Texto, dirección e interpretación: Carlos Santiago I Produción : Ana Triñanes I