top of page

Na Escaleira

Como convidado especial dentro do espectáculo da compañía teatral Chévere "Tentacular", incluído no proxecto de cultura itinerante "A Cultura Circula" do ano 2006, Carlos Santiago presentou o seu monólogo "Na Escaleira", unha reflexión satírica sobre a galeguidade.

 

"Na escaleira" é un monólogo no que o autor e intérprete desentraña os misterios cuánticos da condición galega, comparando o ser galego cun electrón, de posición e movemento indeterminables, exemplificando a tese coas experiencias paragalaicas de xente como Picasso, Gorbachov, Cristóbal Colón, John Fitzgerald Kennedy ou o mesmísimo Otero Predayo.

 

Estreouse en Lugo en Maio de 2006, e participou en numerosos eventos desde aquela, entre os que destaca a II Festa Revolta do Caurel, onde se deron cita numerosos artistas galegos en defensa da serra do Caurel.

Ficha artística

Texto, dirección e interpretación: Carlos Santiago I

  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page