top of page

Textículos

Textículos é un espectáculo pornopoético no que un eterno aspirante a gañar o premio Esquivo de Poesía confesa os seus fracasos durante anos e perante toda clase de xurados, o que lle fai pensar a miúdo que, se cadra, quen está equivocado é el e non a cultura galega.

 

Na realidade, o título roubeillo a un alter ego de Víctor Mosqueira chamado Gustavo Adolfo Befa, quen por fortuna é partidario do copiceibe e o libre roubo de materiais. Previo pago, claro.

 

Textículos foi estreado no ano 2004 no Café Bar Atlántico, e tenme acompañado durante todos estes anos por innúmeros antros, baretos e festivais, como a Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol.

 

Podedes ler unha escolma dos poemas en Grenlandia

Ficha artística

Texto, dirección e interpretación: Carlos Santiago I

  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page