top of page

Periferia

Voadora


PeriFeria foi a primeira entrega da triloxía "Poética de Lugares Comúns" -Fracaso, Esquecemento e Paraíso- completada con Super 8 e Tokyo. Foi tamén o despegue de Voadora como compañía. As tres entregas compartían un mesmo proceso de creación colectiva, baseado no diálogo intercultural entre un grupo de autores (neste caso, Marta Freitas, Carlos Santiago e Manuel Cortés) e un equipo artístico, cunha mesma líña conceptual e estética.

 

A montaxe propón unha reflexión sobre o fracaso utilizando como pretexto dramático a festa. Unha festa coas súas dúas caras, que se ocultan e superpoñen continuamente nun xogo

divertido para uns, e perverso para outros. Non hai alegría sen perigo de dor e na mesma festa onde uns se atopan e se aman, outros se separan e sofren.

 

O Fracaso festexado en PeriFeria fai que as personaxes se comparen cos grandes fracasados da historia, se rían dos mitos, se laien de non conseguiren ser o que un día desexaron e crean nos soños, que magníficos en abstracto, fracasan cando se materializan.Sobre o escenario os actores, o produtor e o técnico da compañía presentan o artificio teatral. Un espazo onde as leis mudan, onde os triunfadores e os fracasados poden beber, todos, en vasos de plástico.

Ficha artística

Texto : Manolo Cortés, Carlos Santiago, Marta Costa Freitas e Voadora I Dirección : Montse Triola I Axudante de Dirección : Ilda Teixeira I Interpretación : Jose Díaz, Alfonso Castro, Marta Pazos, Hugo Torres I Escenografia : Marta Pazos I Desenho de luz : Alfonso Castro I Música : Jose Díaz, Hugo Torres I Múaquillaxe : Fanny Bell I Produción : José Díaz I Vídeo : José Viruta

  • Facebook - White Circle
  • Twitter - White Circle
  • Google+ - White Circle
bottom of page